Atrás Estudo de detalle do quinteiro H7 do plan parcial sector PP6 PolÍgono II

Estudo de detalle do quinteiro H7 do plan parcial sector PP6 PolÍgono II, Obelisco (Oleiros)

O obxecto deste Estudio de Detalle é a anulación do actual Estudio de Detalle no que
afecta a esta mazá H7, e a nova definición das rasantes interiores da mazá, tanto para
os espazos libres non edificados como para fixación da rasante de implantación de
cada vivenda. Estas rasantes fixan o punto de medición das alturas edificables e polo
tanto definen o volume da edificación posible.
Proponse unha ordenación diferente en canto a xeometría e implantación das
vivendas facéndose a redefinición das rasantes de implantación das mesmas e da
ordenación interior do espazo libre privado resultante.
No apartado 1.4 do Estudio de Detalle "Xustificación da súa necesidade e
conveniencia" comentando a existencia do Estudio de Detalle vixente e os motivos
que xustifican a necesidade de redactar un novo para esta mazá H7. Isto implica a
necesidade de anular o actual estudio de Detalle no que afecta a esta mazá H7 cando
se aprobe documento.