Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado

Atrás "Libros para soñar"

  /documents/39407/55544/DLFE-27640.pdf/9bfc22d8-15e2-b88b-b4a7-74754bbd88f6

https://photos.app.goo.gl/nKoCIHqUFaEvSHBH2Do 21 ao 28 de marzo poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro" (Santa Cruz). 
 
Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
 
A visita á exposición é libre. Esta expo viaxará despois á Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós). Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración.