Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Tempadas de tertulias

Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda: 25 outubro 2019

18,30 h. Comentario de "El cuento de la criada" de Margaret Atwood.

Club Xuvenil de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda

Próximamente en Rialeda. Dirixido a mozas e mozos entre 12 e 17 anos. Só 15 prazas. Chama ao 981 639 511!

1º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Santa Cruz

Comezamos o martes 22 de outubro ás 17,30 h. Aínda quedan prazas! Chama ao 981 626 338.

Tertulia literaria en Rialeda: 16 outubro 2019 (Grupo B)

17,30 h. Comentario de "República luminosa" de Andrés Barba.

1º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria en Rialeda

Comezamos o mércores 16 de outubro ás 17,30 h. Prazas esgotadas! Inscríbete na listaxe de agarda.

Tertulia literaria en Rialeda: 13 de febreiro (Grupo B)

Hora: 17,30 a 19,30 h. Comentario da obra "El insólito peregrinaje de Harold Fry" de Rachel Joyce.

1º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria en Santa Cruz

Comezamos o martes 15 de outubro ás 17,30 h. Prazas esgotadas! Inscríbete na listaxe de agarda.

Tertulia literaria en Rialeda: 9 outubro 2019 (Grupo A)

17,30 h. Comentario de "El ferrocarril subterráneo" de Colson Whitehead.

1º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria en Rialeda

Comezamos o mércores 9 de outubro ás 17,30 h. Prazas esgotadas! Inscríbete na listaxe de agarda.

4 outubro 2019: Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda

18,30 h. Presentación da actividade e entrega da primeira lectura. Quedan prazas dispoñibles.

Tertulia literaria en Rialeda: grupos completos

En poucas horas esgotáronse as prazas dos dous grupos de lectura. As novas solicitudes integrarán unha lista de agarda. Grazas pola vosa fidelidade!

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do mércores 25 de setembro

Ábrese o prazo de inscrición o mércores 25 de setembro. Actividade para maiores de 16 anos.