Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

Back Club Xuvenil de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda

/documents/39407/55544/DLFE-30931.pdf/dfda39a6-2901-1d40-d0c0-a0116c352910

Pretende ser un encontro, dirixido a adolescentes, para conversar sobre libros deste xénero literario.

Se tes entre 12 e 17 anos e che gusta a literatura fantástica convidámoste a participar no Club Xuvenil de Lectura de Literatura Fantástica da Biblioteca Rialeda.

Reunirémonos unha vez ao mes e durante hora e media compartiremos, dunha maneira lúdica, unha viaxe por outros mundos e outro tempo con normas e paisaxes diferentes.

Participar só ten vantaxes:
- É unha actividade gratuíta.
- É para falar de algo que nos apaixona.
- Os libros son prestados pola propia biblioteca para ler tranquilamente na casa.
- E por si todo o anterior fora pouco, temos unha selección de lecturas irresistible!

OLLO! Só dispoñemos de 15 prazas, así que si estás interesad@ faite coa túa rapidamente chamando ao teléfono 981 639 511, enviando un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org ou acudindo persoalmente.
Anímate!!!