Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Tempadas de tertulias

18 de setembro: apertura do prazo de inscrición nas Tertulias Literarias en Rialeda

As 20 primeiras solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo B. As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte da Lista de...

Tertulian@s da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Trinta e tantos corazóns latexando xuntos!!!

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 9 xuño 2021 (Grupo B). Remate da tempada

17:30 h. Sesión virtual. Comentario de "Madres e hijas", relatos recopilados por Laura Freixas. Con esta sesión rematan as tertulias da Biblioteca...

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 2 xuño 2021 (Grupo A). Remate da tempada

17:30 h. Sesión virtual. Comentario de "La impaciencia del corazón" de Stefan Zweig.

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 1 xuño 2021 (Grupo B). Remate da tempada

17:30 h. Sesión virtual. Comentario de "La lotería" de Shirley Jackson. Con esta sesión rematan as tertulias da Biblioteca de Santa Cruz. Grazas a...

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 26 maio 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesion virtual. Comentario de "La habitación de invitados" de Helen Garner.

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 25 maio 2021 (Grupo A). Remate da tempada

17:30 h. Sesión virtual. Comentario de "La lotería" de Shirley Jackson.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 19 maio 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual. Comentario de "Feliz idade" de Olga Novo. Coa colaboración da catedrática de lingua e literatura galegas Rosa García...

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 18 maio 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión Virtual. Comentario de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao. Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas...

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 12 maio 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual. Comentario de "Amor de tango" de Mª Xosé Queizán.

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 11 maio 2021 (Grupo A)

17:30 h. Comentario de "As rulas de Bakunin" de Antón Riveiro Coello. Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.