Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

Back Tertulian@s da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

A complicación deste último ano obrigounos a todas e a todos a cambiar moitos hábitos. 
Un deles foi pasar das tertulias presenciais ás virtuais. Non foi fácil xa que todo era novo, pero grazas ao apoio e ao interese amosado por tod@s @s tertulian@s fixémolo posible. E non só iso, senón que conseguimos gozar enormemente de cada sesión.
Desde a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), queremos agradecer ese empeño e cordialidade ás nosas tertulianas e tertulianos. 
 
Pola vosa fidelidade e comprensión!!! Por non tirar nunca a toalla a pesar das dificultades!!! 
GRAZAS DE TODO CORAZÓN!!!