Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Con esta actividade preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores/as galegos/as a través da realización dun taller co cal os nenos/as e adolescentes poidan coñecer os diferentes tipos de ilustracións que existen nos libros, banda deseñada e cómic.

Cada ilustrador ou ilustradora organiza a actividade de forma diferente.

Os obxectivos destes obradoiros son:

  • Aprender diferentes técnicas de ilustración, cómic e banda deseñada.
  • Animar aos nenos e nenas a expresar os seus sentimentos e gustos por medio de ilustracións, cómic e banda deseñada.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación a través de actividades plásticas e manuais.
  • Promocionar a lectura de cómic e obras de banda deseñada.
  • Fomentar que observen as ilustracións que aparecen nos libros.

Obradoiros

Atrás Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: 9 a 13 de ma

 /documents/39407/55553/DLFE-21135.pdf/13b2f691-8f14-62cf-5b8d-e6ec3179972d

As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana do 9 ao 13 de marzo, levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros
 
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, os días 10 e 11 de marzo continuarase co obradoiro de ilustración, denominado Sensacións debuxadas: debuxando cos cinco sentidos, no que se mostrará o debuxo como unha linguaxe universal e se explicará como con calquera elemento debuxado se pode transmitir unha mensaxe en calquera parte do mundo. Estará impartido polo ilustrador Manel Cráneo e dirixirase a alumnado de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera. Con estes obradoiros de ilustración e de banda deseñada preténdese que as nenas e os nenos poidan aprender diferentes técnicas de debuxo, así como aspectos básicos da banda deseñada ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade e a imaxinación.
 
Tamén na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, os días 12 e 13 de marzo levarase a cabo outro obradoiro de ilustración diferente, neste caso impartido pola ilustradora Marina Seoane. Nel explicará os aspectos básicos do debuxo, aprenderanse diferentes técnicas de ilustración, observarán e analizarán diferentes ilustracións que figuran en diversas obras da autora. Dirixirase a alumnado de 5º de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.