Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Con esta actividade preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores/as galegos/as a través da realización dun taller co cal os nenos/as e adolescentes poidan coñecer os diferentes tipos de ilustracións que existen nos libros, banda deseñada e cómic.

Cada ilustrador ou ilustradora organiza a actividade de forma diferente.

Os obxectivos destes obradoiros son:

  • Aprender diferentes técnicas de ilustración, cómic e banda deseñada.
  • Animar aos nenos e nenas a expresar os seus sentimentos e gustos por medio de ilustracións, cómic e banda deseñada.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación a través de actividades plásticas e manuais.
  • Promocionar a lectura de cómic e obras de banda deseñada.
  • Fomentar que observen as ilustracións que aparecen nos libros.

Obradoiros

Atrás Actividades de promoción da lectura nas bibliotecas municipais de febreiro a xuño

/documents/39407/55553/DLFE-25508.pdf/0fa40f6d-4763-a3ea-1c7a-f685c9bf474b

Un curso máis as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan a Programación de actividades de promoción da lectura, dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público deste Concello, co obxectivo de fomentar a lectura, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos seus respectivos centros de ensino, que se van a levar a cabo desde xaneiro ata xuño.
Participarán máis de 3200 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Ofértanse 45 actividades diferentes para que o profesorado de cada un dos centros de ensino público de Oleiros seleccione as que mellor se adaptan á súa programación escolar. En función da idade, do curso que estean realizando e da selección de cada centro de ensino, o alumnado poderá gozar e divertirse con contacontos, espectáculos de música, baile e de recitais de poesía; realizar obradoiros de ilustración e de banda deseñada; ter encontros con escritores/as; coñecer a mitoloxía galega; visitar a biblioteca central  e aprender a realizar buscas no catálogo bibliográfico; achegarse á produción literaria de autores/as como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Emilia Pardo Bazán, Xosé Miranda, Antonio Machado, Pedro Salinas, Federico García Lorca, Edgar Allan Poe, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz e Roald Dahl; conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil; celebrar o Día do Libro coa obra fundamental da literatura española “El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”; festexar o Día das Letras Galegas a través de actividades sobre a obra do excelente escritor Carlos Casares e participar no Roteiro Cultural e Literario, este curso dedicado ao pintor Manuel Abelenda, ao escritor Xosé Neira Vilas e á pintora María del Adalid González,  como unha homenaxe a todos eles.
En total realizaranse 154 sesións entre os meses de febreiro a xuño. Con estas actividades pretendemos favorecer o acceso ao libro en condicións de igualdade para todos os cidadáns; promover a lectura; participar en procesos de creación e expresión oral e escrita; fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva e colaborar no proceso de desenvolver a imaxinación e a creatividade. Desde as bibliotecas municipais de Oleiros traballamos para conseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta, libre e solidaria.

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 6 a 10 de febreiro:

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 6 de febreiro:
- 16:30 h. - 1º B de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.

Martes 7 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 1º ESO A do IES Neira Vilas (Perillo)
- 2ª sesión: 11:35 h. - 1º ESO B do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno 
 

Mércores 8 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 2º ESO A do IES Neira Vilas (Perillo)
- 2ª sesión: 11:35 h. - 2º ESO B do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno

Xoves 9 de febreiro:
- 10:45 h. - 2º ESO C do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno