Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Programación

Atrás Paco Franco del Amo

Paco Franco del Amo formou parte do equipo que deseñou o Aquarium Finisterrae (estivo case 20 anos dirixindo este museo interactivo), como investigador, especializouse na bioloxía do desenvolvemento de vertebrados, destacouse como defensor da concienciación ambiental e como divulgador publicou centenares de artigos e visitou numerosos centros educativos e bibliotecarios. 
 
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) tivemos a sorte de contar coa súa presenza en tres ocasións: o 7 de novembro de 2008 coa charla científica "Os peixes de Nemo: a ciencia mariña de 20.000 leguas de viaxe submarina", o 25 de febreiro de 2011 coa conferencia titulada “Elixe o peixe correcto: opcións de consumo responsable de peixe para aliviar a sobrepesca”, e o 26 de abril de 2019 no encontro “Mar de plásticos” dentro do programa "Ler para saber", charlas científicas para adolescentes e público en xeral organizadas pola Universidade da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses e diversos profesionais do mundo das ciencias xunto ás Bibliotecas Municipais de Oleiros. 
 
Paco Franco del Amo foise hai uns días. Recordaremos o diálogo entusiasta que mantiña coas nenas e nenos que asistían ás súas charlas. Grazas por compartir connosco a túa sabedoría e os teus coñecementos sobre o mar e a vida.