Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Programación

Atrás Ler para saber A CIENCIA

/documents/39407/55553/DLFE-29418.pdf/236f0fab-5156-444e-f575-07ba6b950dea
Na Biblioteca Central Rialeda, dentro das conferencias de divulgación científica correspondentes ao programa Ler para saber, o venres 10 de maio, ás 18:30 horas, terá lugar a charla titulada "Aves da ría do Burgo” a cargo de Antonio Patiño.
 
Fotógrafo especializado en imaxes da natureza, e sobre todo un experto en instantáneas de aves da ría do Burgo, é coordinador do grupo de Facebook "Naturaleza de Galicia" e autor do libro "Aves da ría do Burgo e do Xardín Botánico de Culleredo"
 
Nesta charla mostrará diversas fotografías de aves e explicará, de maneira sinxela, a forma na que se tomaron as distintas fotografías e a técnica para realizalas. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral. Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.