Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Homenaxes e conmemoracións

Atrás Coñecendo a José Luis Sampedro : ¿grazas pola túa lucidez e compromiso coa vida e a liberdade¿

Co gallo da morte de José Luis Sampedro, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera, na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós e na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda, podes contemplar senllas mostras sobre a súa obra.

Economista, escritor e pensador, José Luis Sampedro foi un autor prolífico con obra que estudou a estrutura económica, materia da que foi técnico e profesor universitario e,  no campo narrativo, conta con títulos tan significativos na literatura española do século XX como "Octubre, Octubre" e "La sonrisa etrusca", entre outros.

Nos últimos anos estivo vencellado a movementos como o 15-M e colaborou con figuras como Stéphane Hessel. Membro da Real Academia Española, José Luis Sampedro foi Premio Nacional das Letras 2011.

Con estas exposicións, a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, a Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera, a Biblioteca Ánxel Fole de Nós e a Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda, seguen a homenaxear a aqueles autores e autoras que constitúen fitos importantes no panorama actual .