O programa de actividades de verán abrangue un conxunto de actividades organizadas polos servizos de Cultura, Deportes, Educación e Xuventude para o tempo de lecer.
Relación de preinscicións verán 2024: Preme aquí.
Rapaces e rapazas nados entre os anos 2006-2021. En cada actividade definiranse os rangos de idade que abrangue, e so poderá admitirse quen estea dentro de dito rango.
Xullo e Agosto do 2024
Varios horarios, dependendo da actividade. Consultar Folleto Actividades de Verán 2024.
Varias sedes, dependendo da actividade. Consultar Folleto Actividades de Verán 2024.
- Do 23 desde as 10:00 horas ao 30 de abril. Preinscrición telemática na sede electrónica, só para persoas empadroadas e un máximo de 3 actividades.
- Do 6 ao 8 de maio: publicación de listas de preinscrición e achega de reclamacións.
- 15 de maio. Sorteo público ás 12.00 horas no CC A Fábrica.
- 20 de maio: Publicación de listas definitivas na web municipal.
- Do 27 ao 31 de maio: Pagamento e entrega de documentación.
- Do 5 ao 10 de Xuño: Xestión de listas de agarda, pagamento e entrega de documentación.
- A partir do 13 de xuño: Publicación de vacantes e inscrición libre para persoas empadroadas e non empadroadas.
Cultura: cultura@oleiros.org
Deportes: deportes@oleiros.org
Ensino: ensino@oleiros.org
A Fábrica: afabrica@oleiros.org
- A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org, no catálogo de tramites da sede electrónica.
- Admitirase unha única solictude por participante (a nome e cos datos do neno ou nena interesado/a) e nela poderán marcarse un máximo de 3 actividades.
- Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como valida a última presentada.