Dende Outubro 2010

Atrás Día das Letras Galegas 2025

Imagen Día das Letras Galegas 2025

nas Bibliotecas Municipais

Día das Letras Galegas 2025 nas Bibliotecas Municipais

Nas Bibliotecas de Oleiros celebramos o Día das Letras Galegas 2025 homenaxeando o cancioneiro popular galego e todas as cantareiras nas persoas de Adolfina e Rosa Casás RamaEva Castiñeira SantosPrudencia e Asunción Garrido AmeijendeTeresa García Prieto e Manuela Lema Villar. Mulleres marabillosas que deixaron o seu herdo en boas mans (e gorxas) como as das cantadoras que podemos escoitar no video “O bruar das cantareiras” de Xosé Lois Romero e Aliboria.

Nas bibliotecas municipais teremos as seguintes actividades:

 

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Exposición bibliográfica "As cantareiras e a poesía popular oral" sobre o vizoso patrimonio que recibimos das cantareiras, figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura musical popular.Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Exposición "Escoita as nosas cantareiras": os nosos cedés faránche un paseo musical, desde o máis tradicional ata as novísimos xeitos desta expresión creativa.

- Actividade plástica para as crianzas: decoraremos a biblioteca con pandeiretas coloridas, con imaxes rebuldeiras das foliadas, seráns, ruadas, etc.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Obradoiro de olería : "Arte para os teus libros"

O xoves 22 de maio, como actividade complementaria ás tertulias literarias de Santa Cruz, farase un obradoiro en colaboración co Museo Os Oleiros. Cada tertuliana-o, de cada un dos tres grupos de lectura da Biblioteca de Santa Cruz, realizará un separador de páxinas de barro que decorarán e despois cocerase e esmaltarase para que poidan levalos de agasallo.

- Exposición bibliográfica, "Letras, cancións e pandeiretas": expoñemos unha escolma de libros e material audiovisual para dar a coñecer e visibilizar o traballo destas figuras que coidaron, arrequeceron e transmitiron esta tradición centenaria.

Sesión sobre as Cantigas populares nos tres grupos de tertulias da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

- Sesión sobre as cantigas populares: nos tres grupos de tertulias de Santa Cruz realizouse unha sesión sobre as cantigas populares. Ás persoas integrantes dos tres grupos entregóuselles unha selección destas cantigas que despois foron comentadas por Pepe, facendo especial fincapé nas cantigas de traballo. Tras cada explicación, Adela, tocaba e cantaba fragmentos destes cantos para así exemplificar o ritmo usado en cada unha delas. As cantigas foron escollidas principalmente do libro: Schubart, D., Santamarina, A. (1983). Cántigas populares. Vigo: Galaxia.

 

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)

- “Versos e Cantos de Galiza: Letras Galegas 2025”: realizaremos unha exposición bibliográfica adicada á riqueza da poesía popular oral galega e á súa profunda relación coa música tradicional e os cantares populares. 

 

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)

- Exposición "Eu cantar, cantar, cantei" na sala infantil-xuvenil: mostra de libros-disco en lingua galega para achegar a música ao público infantil.

- Exposición "Eu cantar, cantar, cantei" na sala de adultas-os: percorrido pola nosa historia musical a través dunha selección de discos e libros sobre a historia da música en Galicia. Na sala infantil haberá debuxos e pasatempos dispoñibles para as crianzas.

 

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Ánxel Fole (Nós)Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)

- Exposición bibliográfica, e pasatempos, para as-os máis pequenas-os.

 

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Manuel María (Oleiros)

- “A pandeireta na manhe”: actividade para público infantil: a pandeireta é un símbolo da cultura musical tradicional. As crianzas que visiten a biblioteca entre o 12 e o 24 de maio poderán colorear pandeiretas de papel con cantos recollidos no cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

- “Canta miña compañeira”: mostra bibliográfica, para todos os públicos, de obras que recompilan o cancioneiro popular galego. Durante todo o mes de maio.

 

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)

Día das Letras Galegas 2025 na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)

Carteis e murais informativos, debuxos para que coloreen os máis pequenos relacionados coa temática do Día das Letras Galegas 2025 e exposición bibliográfica sobre os cancioneiros populares da nosa cultura.