Televisión

Nano García Núñez

O domingo día 8 de abril, ás 12:00 horas, o campo de fútbol municipal de Iñás, acolle un acto de homenaxe a Nano García. Da súa man, foron centos as e os deportistas que pasaron polos micrófonos de Radio Oleiros. Durante moitísimos anos, Nano García promocionou e difundiu a actividade e os triunfos do deporte oleirense desde a emisora municipal.

Premios Óscar do Entroido de Oleiros 2018

Gala de entrega dos Premios Óscar do Entroido de Oleiros 2018. Na categoría de paiaso máis internacional o premio foi para o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. A segunda das estatuíñas recolleuna o protagonista da mellor serie de intriga europea, Carles Puigdemont. O terceiro dos premiados foi Mariano Rajoy como o mellor protector dos ladróns de guante blanco. O premio ao mellor proxecto de innovación política foi para Albert Rivera. O último dos premiados foi o Concello de Oleiros pola súa defensa e conservación do Medio Ambiente e a natureza.

Construción do tanque de tormentas de Santa Cruz

Construción do tanque de tormentas de Santa Cruz