Oleiros vai de museo

Atrás OLEIROS VAI DE MUSEO. “VIAXAR PARA PINTAR. Sorolla en Galicia “

Visita guiada en horario de tarde á exposición VIAXAR PARA PINTAR. Sorolla en Galicia 

O 17 de xaneiro o Concello de Oleiros ten prevista unha visita guiada en horario de tarde á exposición VIAXAR PARA PINTAR. Sorolla en Galicia 

Pretende poñer en contexto as estadías que o pintor realizou en terras galegas, e como estas axudaron a agrandar a súa produción artística. Así, esta mostra é unha oportunidade para poñer en valor a obra do pintor valenciano, pero tamén para relacionala coa de varios artistas galegos de principios do século XX.  

Como foron as viaxes de Sorolla a Galicia e que quedou de Galicia en Sorolla son as preguntas que buscarán responderse nesta exposición que nace dunha colaboración e investigación conxunta entre o Museo de Belas Artes da Coruña e o Museo Sorolla de Madrid. A exposición conta con máis de setenta obras entre óleos, debuxos, notas de cor e obxectos etnográficos que foron seleccionadas entre ambas institucións. Todos estes elementos expositivos permitirán contextualizar a relación do artista con Galicia, facendo fincapé tanto na súa visión das nosas paisaxes e xentes coma nas súas amistades e relacións laborais cos seus colegas galegos.

Inscricións a partir do 9 de xaneiro ás 10.00 horas na sede electrónica, no ámbito de cultura, ou persoalmente na Fábrica, no departamento de Cultura, de 10.00 a 14.00 horas

A inscrición inclúe o desprazamento en autobús e a visita guiada no museo. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición e con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.