Ligazóns

Dicionario da Real Academia Galega

Inclúe a versión do dicionario da Real Academia Galega (1ª edición, A Coruña: RAG, Novembro 1997), o dicionario de Pedagoxía (1997) e outros recursos achegados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

Dicionario de galego de Ir Indo

O primeiro dicionario galego en liña inclúe etimoloxías; equivalencias en portugués, castelán, inglés e aleman; sinónimos, antónimos e variantes; conxugación de verbos; a posibilidade de buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés e alemán e mesmo permite o acceso dende o móbil a través de wap.digalego.com

Google tradutor

Google dispón dun servizo de tradución gratuíto que ofrece, de forma instantánea, traducións a 57 idiomas distintos. Con este sistema pódense traducir palabras, frases e páxinas en calquera combinación de idiomas compatibles.

Loia

Loia é un proxecto do Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Lingua e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Ofrece unha selección de recursos, en rede e bibliográficos, a través dos cales cada un pode seguir internándose no coñecemento do galego.

Lucy KWIK Translator

Tradutor da empresa Lucy Software and Services GmbH, especializada en tecnoloxía e servizos de tradución.

Modelos de documentos administrativos da Universidade de Santiago de Compostela

Compendio dos documentos administrativos máis utilizados na Universidade. De cada un ofrécese un documento modelo comentado en formato PDF para que sirva de guía útil para a creación de documentos administrativos modernos, áxiles e efectivos.

Obradoiros terminolóxicos da Universidade da Coruña

Listaxe de vocabularios publicados no desenvolvemento da campaña 'Profesionaliza a túa lingua', gañadora da primeira edición do Premio Luísa Villalta da Universidade da Coruña

Opentrad

Plataforma de tradución automática en código aberto e de uso gratuíto na súa versión básica. Na actualidade ofrece traducións en máis de 20 linguas.