MÚSICA

Atrás Concerto de Antía Muiño

XI CICLO DE MÚSICA: VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO

 

Sábado 10 de febreiro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

XI CICLO DE MÚSICA: VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO

Sábado 10 de febreiro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

Procedencia: Galicia

Público: Todos os públicos

Prezo: 4 euros

Antía Muíño converteuse nunha das revelacións da nova canción galega cando só contaba cun par de sinxelos publicados. Agora, "Carta Aberta", o seu álbum debut editado por Raso, ten case 2 millóns de reproducións e ela foi escollida embaixadora de Spotify España na súa playlist EQUAL, saíndo en rotación nas marquesinas de Times Square (New York) a finais de 2022.

O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta como unha sorte de médium entre Norah Jones, Sílvia Pérez Cruz, Tracy Chapman e Luz Casal. Actuou en festivais tan diversos como o Jazzaldia (Donosti), Veranos de la Villa (Madrid), Os Xoves de Códax (Cambados), Sound Isidro (Madrid) ou o Festival Maré (Compostela), entre moitos outros, e colaborou e colabora con artistas como Xabier Díaz, Baiuca, Carlos Núñez, Las Migas, Luis Pastor ou Néboa. Durante o 2023 xirou por toda España, deu case unha decena de concertos en Portugal e ven de rematar a súa primeira xira por Marrocos, cunha grande acollida. Para 2024 preparou novas cancións, que acompañan nos directos ao seu aplaudido “Carta Aberta”.

  • Selección The Spanish Wave no Visa For Music (Rabat) 2023
  • Finalista nos Premios MIN 2023
  • Mellor Artista Emerxente nos Premios Martín Códax da Música 2022

As entradas teñen un prezo de 4,00 € e poñeranse á venda o día do concerto no propio auditorio a partir das 19.30 horas (ata completar a capacidade da sala).

Por favor, configura este portlet para facelo visible a todos os usuarios.