Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás Oleiros, orgullosamente diverso; campaña municipal pola tolerancia e a pluralidade

Un ano máis, o Concello de Oleiros volverá manifestar, con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, o compromiso coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQA+, sinalando o municipio como un espazo de tolerancia, de diversidade e de pluralidade, onde non teñen cabida ningún tipo de violencia LGTBIfóbica; todas elas atoparán unha firme resposta desde as institucións municipais. Así, neste marco de visibilización e celebración da diversidade, púxose en marcha a campaña “Oleiros, orgullosamente diverso”.

Seguindo coas accións realizadas destes vindeiros anos, este 2023 continuamos con accións de visibilización e concienciación tales como a iluminación  do castelo de Santa Cruz coas cores da bandeira LGTBIQA+; o despregamento da bandeira LGTBIQA+ na Casa do Concello; a publicación dun manifesto nos medios de comunicación municipais; o reparto de material de sensibilización nas casas da mocidade e bibliotecas, así como na Concellería de Servizos Sociais e Igualdade (Rúa Camilo Días Baliño s/n) e na Casa Echeverry (Avenida Ernesto Che Guevara, 45).
 

back link