Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás O Concello volverá instalar Puntos Violeta nas festas para previr violencias sexuais, LGTBIfóbicas e machistas

Un ano máis, o Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas do municipio, está a traballar activamente para a prevención das violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas durante as festas que se van desenvolver nas diferentes parroquias ao longo de todo o ano. 

O Concello continuará instalando Puntos Violeta nas festividades e celebracións nocturnas realizadas nas diferentes parroquias. Os primeiros Puntos Violeta deste ano instalaranse nas festas de San Xurxo de Iñás (19 de abril), San Marcos de Nós (26 de abril) e San Isidro de Perillo (11 de maio). Todos eles terán un horario de atención de 23:00 da noite a 03:00 da madrugada. 

Os Puntos Violeta son puntos de atención a vítimas de agresión sexual, LGTBIfóbica e calquera outro tipo de agresión machista. Formado por unha equipo experto de profesionais na materia, tamén conta con acompañamento psicolóxico. Ademais, ofrecen información sobre os recursos  municipais na materia e realizan accións de sensibilización dirixidas á cidadanía, coas que se busca dotar de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias. Achégate a un Punto Violeta e, desde alí, responderán a todas as túas dúbidas en materia de xénero, igualdade e violencias machistas. 

Deste xeito, dáselle continuidade á campaña “Non faltes á festa, pero de festa non faltes”, coa que se busca achegar á poboación ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias durante as celebracións vencelladas ao ocio nocturno. Para isto, nas redes sociais e plataformas de comunicación coas que conta o Concello, recóllese información sobre os recursos e servizos municipais específicos neste eido, sobre as violencias sexuais e LGTBIfóbicas e sobre que facer e como actuar se se é vítima ou testemuña dunha agresión. 

O material de sensibilización pódese consultar na páxina web do Concello.
 

back link