Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás O Concello instalará un Punto Violeta nas festas de Santa Cruz

O Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas do municipio, está a traballar activamente para a prevención das violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas durante as festas a desenvolver ao longo de todo o verán nas diferentes parroquias. Para as festas de Santa Cruz que se celebran a partir deste venres, haberá un punto violeta nas inmediacións da praza Esther Pita, en horario de 23:00 a 02:00, as noites do venres e o sábado.

Os Puntos Violeta son puntos de atención a vítimas de agresión sexual, LGTBIfóbica e calquera outro tipo de agresión machista. Formado por unha equipo experto de profesionais na materia, tamén conta con acompañamento psicolóxico. Ademais, ofrecen información sobre os recursos  municipais na materia e realizan accións de sensibilización dirixidas á cidadanía, coas que se busca dotar de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias. 

Un ano máis, coa campaña “Non faltes á festa, pero de festa non faltes”, o Concello busca dotar a toda a cidadanía de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte a violencia de xénero e demais violencias machistas durante as celebracións, actos festivos e espazos de ocio nocturno. 

back link