Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás O Concello de Oleiros organiza numerosas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller (8M)

Baixo o lema “Semente de vencer” e durante todo o mes de marzo, o Concello de Oleiros organiza numerosas actividades para conmemorar o 8M.
 

Actividades culturais, teatro, presentacións literarias, concertos, exposicións, ciclos de conversas ou concursos de lemas conmemorativos terán lugar durante todo o mes de marzo dentro da programación municipal dedicada ao 8M.

- Xoves 7 de marzo: Presentación do poemario “Aprendendo a vivir na túa ausencia” de Carmen Torreiro, no Teatro das Torres-Santa Cruz, 19:00h.
- Venres 8 de marzo: Acto conmemorativo de iluminación do castelo de Santa Cruz en cor violeta
- Venres 8 de marzo: Inauguración da mostra de pintura “NosArte, Oleiros con nome de muller” na Fábrica-Perillo, 19:00 horas. A mostra será visitable desde o 8 ata 21 de marzo (L-V: 9:00-15:00 e 17:00-21:30h e Sáb.: 10:00-13:30h). As pezas foron realizadas polo alumnado dos colexios Juana de Vega e Valle Inclán.
- Domingo 10 de marzo: Teatro para crianzas “A pequena gran inventora”, na Fábrica, 12:00h (familias con crianzas +2 anos). Inscricións desde o 4 de marzo.
- Martes 12 de marzo: Concerto poético-musical “Kennebec” de Mónica Nut, teatro das Torres, 19:00h.
- Venres 15 de marzo: “Café no Museo”, ciclo de conversas en torno ás coleccións do Museo Os Oleiros. Este ciclo de coversas consta de 4 xornadas, 15 de marzo, 9 de abril, 21 de maio e 11 de xuño. Información no Museo Os Oleiros.
- Sábado 16 de marzo: Teatro para crianzas “Travesía unicornio”, na Fábrica, 18:00h (familias con crianzas +5 anos). Inscricións desde o 11 de marzo.
- Venres 22 de marzo: “Feminíssimas” no Auditorio Gabriel García Márquez ás 12:00h. Obra de teatro dirixida ao alumnado dos IES públicos municipais.

A partir do mes de marzo, os venres pola tarde e os sábados pola mañá terá lugar a actividade “Coñecerse é vivirse”, un obradoiro de auto coñecemento a través do solo pelviano. A vía de inscrición neste obradoiro será a páxina web e os horarios, datas e outra información de interese ao respecto poderá ser consultada no Departamento de Servizos Sociais e Igualdade. 

Por outra banda, durante todo o mes de marzo poderá visitarse a exposición “As mulleres na colección de olería do Museo Os Oleiros”, no Museo Os Oleiros en Santa Cruz, ademais da exposición de fondos bibliográficos e obras realizadas por mulleres en todas as bibliotecas públicas municipais do Concello e Oleiros. 
 

back link