Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás Exposición de pintura do alumnado dos colexios Juana de Vega e Valle Inclán polo 8-M

Oleiros, con nome de muller é unha exposición de debuxo e pintura realizada polos nenos e nenas dos CEIP Juana de Vega e Valle Inclán que asisten ás clases de NosArte (arte e pintura), dirixidas pola profesora Laura Gualda, docente e artista desde hai 15 anos. Nesta exposición tamén colaboraron pais e nais deste gran círculo artístico chamado NosArte. 

A inauguración desta mostra será este venres 8 de marzo ás 19.00 horas no centro cultural A Fábrica. Poderá visitarse ata o 21 de marzo.

Esta marabillosa iniciativa trata de dar voz, a través do debuxo, a numerosas mulleres que marcaron un antes e un despois na sociedade e que teñen o seu recoñecemento no Concello de Oleiros, xa sexa con rúas, prazas ou esculturas, como é o caso da “Tía Antonina”, matrona de Mera, obra do escultor Francisco Escudero. 

A exposición recolle personalidades do ámbito literario como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán ou Francisca Herrera; así como outros rostros como é o caso de María Pilar Estévez Diéguez, mestra da parroquia de Nós nada en 1907, coñecida como “Dona Maruja”, lembrada con moito agarimo por veciños da parroquia e cuxa vocación e labor é un aliciente para as persoas dedicadas ao ensino. En tempos da posguerra, Dona Maruja ensinaba baile rexional ás 80 alumnas da escola onde impartía clase, ademais de camiñar dous quilómetros diarios para chegar á escola. 

Esta exposición é un proxecto amplo, onde se poderán ver diferentes mulleres desde a mirada inocente da infancia. Rosalía convertida en Centauro ou a “Tía Antonina” como unha superheroína disfrazada de formiga...todo é posible!
 

back link