Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás A poeta e artista multidisciplinar Nuria Vil participa o próximo martes nos cafés en lila

O martes 27 de xuño, ás 18:30 h, terá lugar na Biblioteca Central Rialeda un novo Café en Lila. Nesta sesión participará a resitadora, poeta e artista multidisciplinar Nuria Vil e tratarase o transfeminismo, o antiespecismo, a conciencia antirracista e a reivindicación social, como eixos transversais que vertebran a súa forma de crear e de posicionarse no mundo. 

O traballo artístico de Nuria Vilán Prado (Santo André de Comesaña, Vigo, 1993), alias Nuria Vil, é eminentemente oral. Envolve a palabra falada e o diálogo entre distintas artes para levar a poesía máis aló da escrita, formando parte de proxectos de poesía escénica e artes multidisciplinares. A súa peza Espazo a vulnerar vén de estrearse no Festival Escenas do Cambio (Cidade da Cultura, 2023). Actualmente, tamén traballa na corrección editorial, xestiona un perfil en Patreon -onde comparte relatos sonoros inéditos- e na canle de Youtube Coidado coa Cadela.

Gañou a Bolsa Ensaia 2022 pola súa traxectoria artística e investirá os cartos na rodaxe e distribución da peza audiovisual Delincuente, inspirada no seu poema homónimo sobre a historia obreira da cidade de Vigo, a figura de La Maradona e a poesía galega contemporánea. 

Simún (Chan da Pólvora, 2021) é ata o momento o seu único poemario escrito, co que foi finalista nos Premios Follas Novas. Ademais, algúns dos seus textos recóllense en CD autoeditados, fanzines e nas antoloxías Alguén nos lembrará (Xerais, 2023), Así fala Penélope (Chan da Pólvora, 2022), Poesía Galega Novísima (Urutau, 2020),  Trobeir*s do Século XXI (Chan da Pólvora, 2019), e Dentes para a mazá (Chan da Pólvora, 2018), mais  a meirande parte deles permanecen orais e inéditos.

Os Cafés en Lila é unha actividade aberta e gratuíta. Non é preciso inscribirse previamente. Haberá café e petiscos.

back link