Atrás Consentimento Fanzine

Neste fanzine, dunha forma interactiva e interpelando directamente a quen o le, trátase o consentimento sexual.  En primeiro lugar, e a modo de introdución e coa finalidade de achegar información para a detección das violencias sexuais, recóllense exemplos de comportamentos e frases que as normalizan e lexitiman. A continuación abórdase que é o consentimento e o por que da necesidade da súa manifestación explícita, a quen aplica, os seus aspectos básicos, así como diferentes formas de detectar cando non hai consentimento. Finalmente, achéganse algunhas pautas e recomendacións de actuación en caso de sufrir ou presenciar unha agresión sexual, así como información sobre os recursos e servizos especializados na materia.

Podes descargar o fanzine do Consentimento no desplegable "Documentos" que aparece a continuación. 

Para máis información, contacta con nós no 981 610 000 – Ext. 3503 | 3120 ou a través dos correos igualdade@oleiros.org ou igualdadeoleiros@gmail.com