- Bases xerais (BOP nº 182, do 23 de setembro de 2022)
- Convocatoria e bases (BOP nº 240, do 21 de decembro de 2022)
- Anuncio da convocatoria - DA 6ª (DOG nº 22, do 1 de febreiro de 2023)
- Corrección das bases da convocatoria (BOP nº 49, do 13 de marzo de 2023)
- Instancia de participación
- Solicitude de recoñecemento da experiencia no Concello de Oleiros
- Relación de méritos alegados
- Anuncio da convocatoria (BOE nº 79 do 3 de abril de 2023)
- Instancia para a emenda das solicitudes
- Modificación de OEP e convocatoria (BOP nº 136, do 18 de xullo de 2023)
- Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas (BOP nº 138, do 20 de xullo de 2023)
- Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e órganos de selección dos procesos con sistema selectivo de concurso
- Modificación de OEP e convocatoria (DOG nº 168, do 5 de setembro de 2023)
- Corrección das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e modificación dun órgano de selección (BOP nº 170, do 6 de setembro de 2023)
- Apertura de novo prazo para a presentación de instancias praza Orientador/a profesional (BOE nº 217, do 11 de setembro de 2023)
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de arquitecto técnico
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de asesor/a xurídico/a de urbanismo
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de arquiteco/a superior/a
- Anuncio do tribunal de selección relativo ás seis prazas de auxiliar de bibliotecas - xornada completa, e prazo para completar documentación
- Anuncio do tribunal de selección relativo ás catro prazas de auxiliar de bibliotecas - xornada parcial, e prazo para completar documentación
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de enxeñeiro/a técnico/a informático/a de sistemas
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de enxeñeiro/a técnico/a informático/a de aplicacións
- Anuncio final do tribunal de selección relativo ás seis prazas de auxiliar de bibliotecas - xornada completa
- Corrección do anuncio final do tribunal de selección do proceso para cubrir seis prazas de auxiliar de bibliotecas - xornada completa
- Anuncio final do tribunal de selección relativo ás catro prazas de axuliar de bibliotecas - xornada parcial
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de traballador/a social
- Modificación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas (BOP nº 198, do 17 de outubro de 2023)
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na categoría de orientador/a profesional (BOP nº 198, do 17 de outubro de 2023)
- Anuncio do tribunal de selección relativo á convocatoria do exame de lingua galega na praza de deseñador/a - maquetador/a
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de normalizador/a lingüístico/a
- Anuncio do tribunal de selección relativo á praza de operario/a de limpeza de edificios públicos, e prazo para completar documentación
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de deseñador/a maquetador/a
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de operario/a de limpeza de edificios públicos
- Anuncio do tribunal de selección relativo á convocatoria á praza de operario/a de servizos carpinteiro/a, e prazo para completar documentación
- Anuncio do tribunal de selección relativo á convocatoria da praza de operario/a de servizos mecánico/a e prazo para completar documentación
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de operario/a de servizos-carpinteiro/a
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á praza de operario/a de servizos-condutor
- Anuncio do tribunal de selección relativo á convocatoria de once prazas de operario/a de sevizos xerais, e prazo para completar documentación
- Listaxe definitiva definitiva de persoas admitidas e excluídas e órgano de selección na categoría de orientador/a profesional (BOP nº 223, do 22 de novembro de 2023)
- Anuncio final do tribunal de selección relativo a dúas prazas de conserxe
- Anuncio do tribunal de selección relativo á convocatoria de cinco prazas de auxiliar de servizos varios, e prazo para completar documentación
- Anuncio final do tribunal de selección relativo a unha praza de animador/a cultural
- Anuncio do tribunal de selección relativo á convocatoria de once prazas de operario/a de servizos xerais e convocatoria para realizar a proba de coñecemento da lingua galega
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á convocatoria de once prazas de operario/a de servizos xerais
- Anuncio final do tribunal de selección relativo a unha praza de operario/a de servizos xardineiro/a
- Modificación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nos procesos selectivos (BOP nº 235, do 12 de decembro de 2023)
- Anuncio do tribunal de selección relativo á convocatoria de cinco prazas de auxiliar de servizos varios e convocatoria para realizar a proba de coñecemento da lingua galega
- Anuncio final do tribunal de selección relativo a dúas prazas de orientador/a profesional
- Anuncio do tribunal de selección relativo á convocatoria de dez prazas de auxiliar administrativo/a, e prazo para completar documentación
- Composición dos órganos de selección que xulgarán os procesos co sistema selectivo de concurso-oposición (artigo 2)
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á convocatoria de dez prazas de auxiliar administrativo/a
- Anuncio final do tribunal de selección relativo á convocatoria de cinco prazas de auxiliar de servizos varios
- Anuncio extraordinario relativo á convocatoria dunha praza de operario/a de limpeza de edificios públicos
Prazo de presentación de solicitudes:
Desde o 4 de abril ata o 5 de maio de 2023 (ambos incluídos)
Documentación a presentar:
1.1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do rexistro na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal).
1.2. Tamén se poden presentar por vía telemática nas oficinas de Correos, mediante ORVE ao código dixital de destino “L01150584”.
1.3. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
1.4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica do Concello de Oleiros.
1.5. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Documentación:
a) O DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) O DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.
c) A instancia normalizada, que figura na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal). Tamén poderase atopar na páxina web municipal (Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Recursos Humanos).
d) A acreditación de estar en posesión da titulación que figura na convocatoria, para cada unha das prazas.
e) De ser o caso, a titulación que acredita o nivel de coñecemento da lingua galega, correspondente segundo o subgrupo ou nivel da praza á que se presenta.
f) O xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data, ou xustificante electrónico.
g) Os dereitos de exame só serán devoltos a quen non se admitise ás probas selectivas por non reunir os requisitos esixidos e sempre e cando os motivos de exclusión non tivesen orixe en feitos levados a cabo -por acción ou omisión- pola propia persoa aspirante.
h) Relación de méritos, que deberá vir acompañada polos documentos que os acrediten, de acordo co establecido nas bases da convocatoria
Procedemento para o pago da taxa:
1.1. As taxas por dereitos de exame fíxanse nos seguintes importes, segundo o subgrupo e nivel, de acordo coa ordenanza fiscal reguladora en vigor:
Subgrupos A1 e A2 e grupo B ou similares en contratos laborais: 22,02 €
Subgrupo C1 ou similar en contratos laborais: 17,60 €
Demais postos: 13,20 €
1.2. No caso de que unha persoa se presente a procesos selectivos de distintas categorías deberá abonar unha taxa por cada un dos procesos nos que participe.
1.3. A carta de pagamento obterase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Autoliquidacións -> Expedicións de documentos – dereitos de exame).
Este procedemento permite realizar o pagamento na mesma sede de xeito electrónico ou imprimir o documento e pagalo nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Neste último caso é necesario achegar a carta de pagamento e o correspondente xustificante de abono.
1.4. A non presentación deste impreso de autoliquidación co formulario de solicitude no proceso selectivo, determinará a exclusión provisional no dito proceso da persoa aspirante, sendo posible a súa emenda dentro do prazo conferido para o efecto.
Prazo de subsanación de solicitudes:
Desde o 21 de xullo de 2023 ata o 4 de agosto de 2023 (ambos incluídos).
Procedemento a seguir para a subsanación de instancias excluídas por falla de identificación:
No trámite na sede, a corrección das instancias non identificadas débese realizar a través do apartado "estabilización" sen identificar proceso.
Novo prazo para presentación de solicitudes praza Orientador/a profesional:
Desde o 12 de setembro de 2023 ata o 09 de outubro de 2023 (ambos incluídos).
NOTA: Aquelas persoas interesadas que, dentro do prazo inicialmente conferido, tiveran presentado a instancia de participación xunto coa documentación conexa e cumpran os requisitos de presentación (de acordo coa modificación aprobada posteriormente) NON deben volver a presentar a documentación, xa que se entenderá presentada en prazo para todos os efectos.
Prazo de emenda das solicitudes na categoría de orientador/a profesional:
Desde o 18 ata o 31 de outubro de 2023 (ambos incluídos)