Persoal funcionario

Atrás Convocatoria prazas estabilización de emprego temporal - concurso/oposición (art.2 Lei 20/2021)

Prazo de presentación de solicitudes:

Desde o 4 de abril ata o 5 de maio de 2023 (ambos incluidos)

Documentación a presentar:

1.1.  As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do rexistro na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal).

1.2.  Tamén se poden presentar por vía telemática nas oficinas de Correos, mediante ORVE ao código dixital de destino “L01150584”.

1.3.  Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

1.4.  Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica do Concello de Oleiros.

1.5.  O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Documentación:

a)       O DNI ou NIE da persoa solicitante.

b)      O DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c)       A instancia normalizada, que figura na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal). Tamén poderase atopar na páxina web municipal (Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Recursos Humanos).

d)      A acreditación de estar en posesión da titulación que figura na convocatoria, para cada unha das prazas.

e)      De ser o caso, a titulación que acredita o nivel de coñecemento da lingua galega, correspondente segundo o subgrupo ou nivel da praza á que se presenta.

f)        O xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data, ou xustificante electrónico.

g)       Os dereitos de exame só serán devoltos a quen non se admitise ás probas selectivas por non reunir os requisitos esixidos e sempre e cando os motivos de exclusión non tivesen orixe en feitos levados a cabo -por acción ou omisión- pola propia persoa aspirante.

 

h)      Relación de méritos, que deberá vir acompañada polos documentos que os acrediten, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.

 

Procedemento para o pago da taxa:

 

1.1.  As taxas por dereitos de exame fíxanse nos seguintes importes, segundo o subgrupo e nivel, de acordo coa ordenanza fiscal reguladora en vigor:

Subgrupos A1 e A2 e grupo B ou similares en contratos laborais: 22,02 €

Subgrupo C1 ou similar en contratos laborais: 17,60 €

Demais postos: 13,20 €

1.2.  No caso de que unha persoa se presente a procesos selectivos de distintas categorías deberá abonar unha taxa por cada un dos procesos nos que participe.

1.3.  A carta de pagamento obterase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Autoliquidacións -> Expedicións de documentos – dereitos de exame).

Este procedemento permite realizar o pagamento na mesma sede de xeito electrónico ou imprimir o documento e pagalo nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Neste último caso é necesario achegar a carta de pagamento e o correspondente xustificante de abono.

1.4.  A non presentación deste impreso de autoliquidación co formulario de solicitude no proceso selectivo, determinará a exclusión provisional no dito proceso da persoa aspirante, sendo posible a súa emenda dentro do prazo conferido para o efecto.

Prazo de subsanacion de solicitudes:

Desde o 21 de xullo de 2023 ata o 4 de agosto de 2023 (ambos incluídos).

Procedemento a seguir para a subsanación de instancias excluídas por falla de identificación:

No trámite na sede, a corrección das instancias non identificadas débese realizar a través do apartado "estabilización" sen identificar proceso.

Novo prazo para a presentación de solicitudes praza Orientador/a profesional:

Desde o 12 de setembro de 2023 ata o 09 de outubro de 2023 (ambos incluídos).

NOTA: Aquelas persoas interesadas que, dentro do prazo inicialmente conferido, tiveran presentado a instancia de participación xunto coa documentación conexa e cumpran os requisitos de presentación (de acordo coa modificación aprobada posteriormente) NON deben volver a presentar a documentación, xa que se entenderá presentada en prazo para todos os efectos.

Prazo de emenda das solicitudes na categoría de orientador/a profesional:

Desde o 18 ata o 31 de outubro de 2023 (ambos incluídos)