Trámites de información pública

Atrás Aprobación inicial do proxecto de urbanización do ámbito de desenvolvemento SUD-2 “Xentiña” (Mera) (Documento NRE 2024007475, do 10 de abril)

A N U N C I O

Mediante Resolución da Alcaldía número 2024001988 do 18 de abril de 2024, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do ámbito de desenvolvemento SUD-2 “Xentiña” (Mera) (Documento NRE 2024007475, do 10 de abril).

De conformidade co artigo 226.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo DUN MES, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

En Oleiros, 18 de abril de 2024

Ángel García Seoane

Alcalde - Presidente

Para consultalo proxecto consulte o enlace que se ofrece a continuación.