Atrás ESTUDO DE DETALLE DA PARCELA "C" DO PLAN PARCIAL DO SECTOR SUD-5 “ICARIA IV”

Mediante Resolución da Alcaldía número 2024000278 do 22 de xaneiro, acordouse aprobar inicialmente o ESTUDO DE DETALLE DA PARCELA "C" DO PLAN PARCIAL DO SECTOR SUD-5 “ICARIA IV” DIVIDIDA EN 2 SUBPARCELAS, C1 e C2 (Documento NRE 2023024111 do 21.12.2023).

O obxectivo deste Estudo de Detalle é respectar as determinacións do PP e do PXOM, representando claramente as aliñacións e rasantes do perímetro da parcelas, segundo cotas do Proxecto de Urbanización aprobado, segundo os axustes de rasantes de viario presentados no Concello o 17/07/2023, e definindo o volume máximo resultante por aplicación dos parámetros establecidos para a parcela na ordenanza incluída na normativa do PP.

Pode descargar no enlace inferior o documento completo en pdf para su consulta.