Promoción do emprego

Servizo de Promoción do Emprego

Atrás Información e orientación para o emprego

 

Moitas posibilidades laborais pérdense por falla de información.

Por iso, cóntanos que axuda precisas e trataremos de buscarche a persoa adecuada ou a información necesaria.

Para acadar o teu obxectivo de encontrar traballo debes coñecer os teus erros e as tuas carencias.

Os erros máis frecuentes na busca de emprego son: non informarte adecuadamente do mercado laboral, non venderte como produto completo, non explotar as túas experiencias profesionais, non definir claramente os obxectivos profesionais que buscas e, por último, reaccionar con medo ou agresividade ante a túa integración no mercado laboral.

Tes que ter tres cousas moi claras: como identificar o teu obxectivo profesional, como analizar e estudar a túa situacion para localizar as posibilidades de emprego e, por último, como aplicar tódalas ferramentas que teñas o teu alcance para conseguir o teu obxectivo.

Para axudarche, periódicamente, poñemos en marcha xornadas sobre Técnicas de Busca de Emprego.

Son moitas as preguntas que se poden realizar cando se analizan as circunstancias da nosa vida laboral, xa sexamos desempregados/as, traballadores/as por conta allea, profesionais ou mesmo empresarios/as. O Servizo de Orientación Profesional ten a misión de ofrecer respostas concretas e persoalizadas a todas estas cuestións que se nos plantexan con frecuencia.