Os nosos proxectos

Atrás Casa de Oficios "OLEIROS" (1989 - 1990)

Obxectivos: recuperación de oficios tradicionais, mediante a participación de 30 rapaces e rapazas, que aprenden a traballar cualificándose profesionalmente.

As especialidades formativas impartidas foron:

CANTERÍA

CERÁMICA

XARDINERÍA

Actuacións: Construción de fontes, mesas e bancos para distintos lugares do Concello; realización de escudos, placas de rúas, baldosas en relevo e murais para edificios públicos do Concello; traballos de mantemento, poda e axardinamento de diferentes parques e xardíns municipais.