Os nosos proxectos

Os nosos proxectos

Atrás Casa de Oficios "CASTELO DE SANTA CRUZ" (1992 - 1993)

Obxectivos: Mellora do entorno medioambiental do Concello, recuperando a fauna, flora e litoral, mediante a participación de 60 rapaces e rapazas que aprenderon a traballar cualificándose profesionalmente.

As especialidades formativas impartidas foron:

BIOXARDINERÍA

RECUPERACIÓN FAUNA SALVAXE

RECUPERACIÓN DO MEDIO AMBIENTE LITORAL

RESTAURADOR FORESTAL

Actuacións: Plantacións de árbores no Parque de Liáns, restauración do Monte do Coto, reconstrución dos xardíns do Pazo de Arenaza, campañas de información e concienciación a escolares sobre coidados de prantas, aves insectívoras e caixas niño e árbores de Nadal, limpeza de diversos vertedoiros incontrolados do Concello, control de calidade medioambiental das augas do litoral oleirense, acondicionamento do entorno do Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo” e traballos de mantemento de xardíns en diversos parques municipais.