Os nosos proxectos

Os nosos proxectos

Atrás Casa de oficios "A CARBALLEIRA" (1998 - 1999)

Obxectivos: Facer realidade o legado de Dona Xoana de Vega e crear unha escola de estudos agrarios para rapaces e rapazas na finca denominada “A Carballeira”, na parroquia de Nós. Para elo creouse un viveiro forestal de planta autóctona, mediante a participación de 45 alumnos e alumnas que aprenderon a traballar recibindo formación.

As especialidades formativas impartidas foron:

AUXILIAR DE VIVEIRO FORESTAL

BIOXARDINERÍA

VIVEIRISTA DE PLANTA AUTÓCTONA

Actuacións: Finca “A Carballeira”, finca “Ibarrola”, traballos de bioxardinería nos exteriores das nove Casas do Pobo existentes noutras tantas parroquias do Concello. Ademáis realizáronse tarefas de mantemento en varios xardíns do Concello (entornos das escolas, centros públicos, etc.).

Construcción dun viveiro forestal do que se van a nutrir, non só os parques e xardíns do Concello de Oleiros, senón tamén os dos concellos colindantes. Ademáis, e mediante a realización de campañas que incentiven o coidado de árbores e plantas, suministraránselles especies ós propios veciños que queiran plantar algunha no seu xardín.