Información xeral

Atrás Incapacidad permanente

A contía das prestacións depende do grao de incapacidade:

  • Incapacidade Permanente Parcial: a que produce ao traballador ou traballadora unha discapcidade igual ou superior ao 33 % no rendemento normal para a súa profesión, pero que non impide a realización de tareas fundamentais desta profesión. A prestación económica consiste nunha contía única equivalente a 24 mensualidades da base reguladora que servese para determinar a prestación económica de Incapacidade Temporal.
  • Incapacidade Permanente Total: é a que inhabilita ao traballador ou traballadora para a realización de todas as tarefas fundamentais da súa profesión, aínda que pode adicarse a outra diferente. A prestación económica consiste nunha pensión vitalicia equivalente ao 55 % da base reguladora, que pode ser do 75 % para maiores de 55 anos cando se presupón que terán dificultades para encontrar ocupación nunha acitividade diferente á habitual.
  • Incapacidade Permanente Absoluta para calquer traballo. A prestación económica é unha pensión vitalicia equivalente ao 100 % da base reguladora.
  • Grande Invalidez: situación na que se necesita doutra persoa para realizar os actos esenciais da vida. A prestación económica consiste nunha pensión vitalicia equivalente ao 150 % da base reguladora (100 % da base reguladora máis un 50 % adicional pola necesidade de terceira persoa) .

Requisitos

  • Esgotar o período máximo da prestación por Incapacidade Temporal sen ter sido dado de alta, ou estar en situación de incapacidade laboral previsiblemente definitiva que xustifique o trámite directamente.
  • Os maiores de 26 anos en situación de alta ou asimilada e con incapacidade derivada de enfermidade común teñen que ter cotizado a 4ª parte do tempo transcorrido entre a data de cumprimento dos 20 anos e a do feito causante da pensión, sempre que sexa como mínimo un período de 5 anos e que, alomenos, a 5ª parte do período resultante esté comprendida dentro dos 10 anos inmediatamente anteriores ao feito causante.
  • Os menores de 26 anos en situación de alta ou asimilida e con incapacidade derivada de enfermidade común teñen que ter cotizado a metade do tempo transcorrido entre a data en que cumpliu 16 anos e a considerada como feito causante da incapacidade.
  • Traballador en situación de non alta, só pode acceder aos graos de Incapacidade Permanente Absoluta e Grande Invalidez por enfermidade común ou accidente non laboral e necesita un período mínimo de 15 anos cotizados, dos que a 5ª parte debe estar comprendida dentro dos 10 anos anteriores ao feito causante.
  • A incapacidade derivada de enfermidade profesional ou de accidente, sexa ou non laboral, non require ningún período previo de cotización.

Documentación a entregar no Instituto Nacional da Seguridade Social:

  • Solicitude facilitada polo propio INSS.
  • DNI do solicitante
  • Certificado correspondente á cotización cumprimentado pola última empresa
  • Se o solicitante esá obrigado ao ingreso das cuotas, debe presentar o xustificante de pago dos últimos meses.
  • Libro de familia.

Particularidades

  • A duración da prestación mantense ata os 65 anos (cando se pasa á pensión de xubilación)
  • O cálculo da base reguladora da prestación varía dependendo da causa da incapacidade. A pensión por Incapacidade Permanente Total é compatible coa percepción dun soldo por traballo, excepto o  20 % de incremento para os maiores de 55 anos con difitultade para encontrar ocupación.
  • Con carácter excepcional e temporalmente, a pensión vitalicia de Incapacidade Permanente Total pode ser substituida por unha indemnización a tanto alzado cando o beneficiario sexa menor de 60 anos e esté realizando traballos por conta propia ou allea, o que o importe da indemenización se invertirá para establecerse como traballador autónomo. A Contía da indemnización oscila entre 84 mensualidade para menores de 54 anos e 12 mensualidades para maiores de 58 anos. A `pensión poderase recuperar, coas súas revalorizacións, ao cumprir 60 anos.
  • O cálculo da base reguladora da prestación varía dependendo da causa da incapacidade.
  • A pensión de Incapacidade Permanente Total é compatible coa percepción dunha remuneración por traballo, excepto o 20 % de incremento para os maiores de 55 anos con dificultade para encontrar ocupación.
  • As prestacións de Incapacidade Permanente Abosluta e a de Grande Invalidez non tributan na declaración da renda, xa que están exentas de IRPF.
  • A Incapacidade Permanente Parcial é compatible con calquera outra ocupación.
  • A Incapacidade Permanente Total é compatible con calquera ocupación, excepto coa do memo lugar de traballo que se ocupaba con anterioridade.
  • A Incapacidade Permanente Abosluta e a de Grande Invalidez son incompatibles con calquera ocupación.
  • A discapacidade existente entre a data de afiliación do interesado á Seguridade Social non impide a calificación da situación de incapacidade permanente cando con posterioridade a súa afiliación agravarase a súa situación ou teña novas lesións ou discapacidades.