Información xeral

Atrás Escolas obradoiro e casas de oficio


Son programas públicos de emprego-formación que teñen como finalidade a inserción laboral dos mozos e mozas, desempregados e menores de vintecinco anos, mediante a súa cualificación profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública.

Poden promovelas os órganos, organismos autónomos e entes públicos da Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma; tamén, as entidades locais e os seus organismos autónomos e as fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

As súas áreas de actuación estan vencelladas en especials cos servizos de:

Utilidade colectiva (rehabilitación do patrimonio histórico, artístico, cultural ou natural; xestión de residuos e augas, protección do medio ambiente, etc.)
Ocio e culturais (promoción do turismo e desenvolvemento local e cultural)
Personalizados de carácter cotián (coidado dos nenos, prestación de servizos de axuda a domicilio a persoas discapacitadas ou da terceira idade, etc.)
Tanto nas Escolas Obradoiro como nas Casas de Oficios a formación estrutúrase en duas etapas:

  1. Sempre ten unha duración de seis meses e os alumnos e alumnas reciben formación profesional de carácter ocupacional.
  2. Nas Escolas Obradoiro pode chegar ata ano e medio, mentres que nas Casas de Oficios é de seis meses, os alumnos e alumnas completan a súa formación coa alternancia no traballo e a práctica profesional.
     

 

Os requisitos para poder participar nun proxecto destes son:

  • Ser menor de 25 anos.
  • Estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Preferentemente, non ter participado noutra Escola Obradoiro ou Casa de Oficios.
Durante a etapa formativa os participantes teñen dereito a unha bolsa polos días lectivos asistidos. Na segunda, ao estar vinculados coa entidade promotora por un contrato de traballo, perciben unha retribución equivalente ao 75 % do Salario Mínimo Interprofesional.

Terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, reunindo os requisitos xerais establecidos e, se é o caso, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como: as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, os traballadores/as que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, as persoas paradas de longa duración, as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos e as persoas pertencentes a outros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente, beneficiarios/ as da renda de integración social de Galicia.

As entidades promotoras, ademais da formación profesional, proporcionan aos alumnos e alumnas formación empresarial e coñecementos básicos en seguridade e saúde no traballo, orientación laboral e asesoramento sobre saídas profesionais.

Así mesmo, aos alumnos e alumnas que non teñen rematada a educación obrigatoria, ofréceselles a oportunidade de completala mediante clases específicas.