Información xeral

Atrás Entrevista de traballo


Dende o punto de vista da empresa, o obxectivo principal da entrevista é un encontro cara a cara que permite medir e avaliar a idoneidade da túa candidatura para un posto determinado.

Trátase de indagar se tes as aptitudes e experiencia necesarias para aportar unha contribución significativa e proveitosa para a empresa.

Un segundo propósito é comprobar se podes encaixar na empresa segundo o teu estilo persoal, temperamento e habilidades sociais.

Para rematar, a través da entrevista, a empresa obtén información que lle permite comparar os teus puntos fortes e débiles cos dos outros candidatos.

Dende o teu punto de vista, o obxectivo da entrevista é obter unha oferta de emprego e demostrar que es o mellor candidato. Ademais, a entrevista pode servirche para comprobar a túa compatibilidade co empregador potencial e a súa empresa.

O contexto da entrevista é evidentemente diferente cando esta se produce tras unha contestación a un anuncio ou tras o envío dunha candidatura espontánea.

Cando entras no despacho do entrevistador, xa coñeces a necesidade da empresa e a entrevista estará marcada por unha forte presión xa que o obxectivo do seleccionador será avaliar a túa candidatura respecto a un perfil ideal, e respecto ó perfil dos teus competidores. Deberás amosar, non só que encaixas perfectamente coas necesidades da empresa, senón que o fas mellor ca outros candidatos. No caso de producirse a entrevista tras o envío dunha candidatura espontánea, ó enquisador chamaríalle a atención a calidade da túa candidatura e estará interesado en coñecerte, sen ter unha idea precisa do que lle vas a propoñer. A relación será máis igualitaria, marcada por un intercambio profesional.

Puntos a ter en conta:

Lembra que ...

Do proceso da entrevista teremos en conta que non só é importante que actuemos seguindo as recomendacións establecidas anteriormente para o entrevistado senón tamén atenderemos a aqueles aspectos nos que se fixa o entrevistador.

  • Chega puntual.
  • Non entres nin te sentes ata que cho indiquen.
  • Mantente relaxado, sen dar a impresión de nerviosismo.
  • Séntate nunha postura axeitada pero cómoda; non te votes para adiante ou para atrás nin estires as pernas.
  • Mira ó entrevistador ós ollos e procura sorrir levemente, sen demasiada confianza, sen estar demasiado serio.
  • Debes saber exactamente onde está cada cousa que che poidan pedir nun momento dado (currículo, diplomas, etc.)
  • Non fumes nin bebas aínda que cho ofrezan.
  • Non mires o reloxo.

Outros puntos: