Información xeral

Información xeral

Atrás Ensinanzas para persoas adultas en Galicia


Características:

A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, asegura e garante que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional. A través das ensinanzas de adultos conséguese:

  • Actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.
  • Mellorar a cualificación profesional ou adquirir unha preparación para o exercicio doutras profesións.
  • Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha mellor adaptación aos cambios do mundo actual.
  • Conseguir unha maior satisfacción e seguridade no medio persoal e profesional.
  • Desenvolver a capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica.

Destinatarios:

Poderán cursar ensinanzas de Educación de Adultos todas as persoas maiores de 18 anos. Están dirixidas en particular a desempregados, e aos mozos e mozas que abandonaron o sistema educativo sen unha titulación básica e que desexan adquirila. Nalgunhas ensinanzas autorízase a inscrición de alumnos menores de 18 anos que, por causas xustificadas, non poden seguir estudos equivalentes en centros ordinarios.

Rede de centros:

  • Centros EPA. Son centros con espazos, recursos humanos e materiais destinados exclusivamente á ensinanza de persoas adultas.
  • Centros ordinarios con ensinanzas de adultos. Son centros ordinarios que está autorizados para impartir determinadas ensinanzas de adultos.

Tipos de ensinanzas para persoas adultas: