Información xeral

Atrás Certificados de Profesionalidade


certificado de profesionalidade acredita a capacitación para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego e asegura a formación necesaria para a súa adquisición, no marco do subsistema de formación profesional para o emprego.

Configura un perfil profesional entendido como o conxunto de competencias profesionais identificable no sistema produtivo, e recoñecido e valorado no mercado laboral.

Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais no ámbito da Administración laboral.

Existen tres vías para a obtención dos certificados de profesionalidade:

  • Superación de todos os módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade.
  • Mediante os procedementos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
  • Mediante a acumulación de acreditacións parciais das unidades de competencia que comprenda un certificado.

Cada certificado incluirá os seguintes apartados:

  • Identificación do certificado.
  • Perfil profesional do certificado.
  • Formación do certificado.