Información xeral

Información xeral

Atrás Certificado de aptitude profesional para conductores


O acceso laboral á profesión de condutor de determinados vehículos de transporte, ademáis de dispor do correspondente permiso de conducir, require a superación dunha formación e un posterior exame elaborado pola administración de transportes.

Os Servizos de Movilidade das Delegacións Territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas expedirán a cada un dos aspirantes que aproben o exame de cualificación inicial a correspondente tarxeta de cualificación, que deberán levar consigo xunto co permiso de conducir.

A normativa reguladora é o Real Decreto 1032/2007, de 20 de xuño polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada.

Formación inicial:

Deberán realizar esta formación todos aqueles condutores que obteñan os seguintes permisos de conducir:

  • Categorías D1, D1+E, D, D+E ou dun permiso recoñecido como equivalente, expedido despois do 11 de setembro de 2008.
  • Categorías C1, C1+E, C, C+E ou dun permiso recoñecido como equivalente, expedido despois do 11 de setembro de 2009.

Probas:

Ao rematar os cursos de formación, as autoridades competentes someterán aos aspirantes á obtención da calificación inicial, a un exame escrito ou oral

Probas de Formación de Condutores (CAP):

Os condutores que sexan titulares dos correspondentes permisos de condución antes das datas indicadas, non terán que realizar a formación inicial pero si a formación continua cada 5 anos. Está consistirá nun curso de 35 horas a impartir nalgún dos centros autorizados.

Unha vez superado o correspondente curso de formación continua, expedirase polos Servizos de Movilidade das Delegacións Territoriais correspondente a tarxeta de cualificación, que todos os condutores deberan levar consigo xunto co permiso de conducir.

Ver o listado dos centros autorizados para impartir a formación.