Información xeral

Atrás Centro municipal de formación - Celga

É o sistema de certificación de lingua galega. Certifican un coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.

Existen 5 niveis entre o CELGA1 e o CELGA5 ordeados de menor a maior dificultade.

Os certificados obtéñense mediante unha proba que deberá ser superada e que terá lugar en dúas convocatorias anuais. Este exame será de carácter obrigatorio e avaliado por un tribunal, a asistencia aos cursos preparatorios non dá dereito a obter un certificado.

Os cursos preparatorios para as probas dos diferentes niveis do Celga celebranse ao longo de todo o ano. Pódense consultar datas concretas no Gabinete Provincial de Normalización da correspondente provincia ou a través da páxina web da Xunta.

Os cursos impártense de forma presencial, a asistencia non é obrigatoria. Tamén se poden preparar as probas por libre atendendo ao programa do nivel Celga ao que se queira un presentar.

Cada candidato pode presentarse ao nivel de certificación que queira conseguir.

Non existe correspondencia entre os antigos certificados de iniciación e perfeccionamento  e os actuais Celga, aínda que manteñen a súa validez administrativa.