Información xeral

Atrás A carta de presentación

O seu obxectivo coincide co do currículum: obter unha entrevista de selección.

Na carta explicaremos de forma breve o que sabemos facer e o que desexamos, a mensaxe ten que ir sempre moi clara: “Escríbolles porque estou verdaderamente interesado no traballo que me ofertan”.

Situacións nas que é necesario enviar a carta de presentación

Existen , basicamente, catro situacións nas que é necesario redactar unha carta de presentación:

  • Cando se envíe o currículo en contestación ó anuncio dun posto de traballo. 
  • Candidatura espontánea ou autopresentación. 
  • Tamén pódese utilizar para enviar a unha empresa coma recordatorio e actualización dos datos referentes a outro currículo que xa se enviou previamente.
  • Ou a unha empresa de traballo temporal (E.T.T.) ou a unha empresa de selección de persoal, xa que son centros canalizadores de emprego e  é conveniente que teñan coñecemento do teu historial profesional.

Contido e formato da carta de presentación

A primeira fonte de información que posúe a empresa de nos é a carta de presentación; por iso ten que dar unha impresión favorable e positiva, axudándonos para conseguilo dunha serie de formalismos. Leer máis ...

Ver exemplos de cartas de presentación (PDF - 7.8 KB).