Programa escolar

Programa escolar

Atrás Programa de dinamización dos xogos populares

Sendo coñecedores do baixo coñecemento e sobre todo práctica, da poboación escolar sobre moitos dos xogos populares galegos, queremos manter unha iniciativa para intentar dar a coñecer de xeito práctico estes xogos  nos nosos centros escolares de primaria e secundaria. Cada departamento de Educación Física deberá escoller con qué cursos quere realizar as sesións. Durante  o horario que se estime oportuno desde o centro ( tempo de lecer ou horario lectivo), cinco monitores especializados encargaríanse de impartir clases prácticas de distintos xogos populares a todos os alumnos ( chave, rá, peon, zancos, aros, etc...)  ou cursos interesados.  O Concello de Oleiros facilitará o material necesario.

Obxectivos:

  • Ensinanza e divulgación dos xogos popular entre a mocidade.
  • Promoción da súa práctica  nas numerosas instalacións que existen no  concello, non só por adultos, se non tamén da xente máis nova.

Destinatarios:

Poboación escolar de Oleiros entre 6 e 17 anos.