Programa de formación deportiva

Atrás Escola Municipal de Golf

Rapaces e rapazas nacidos/as entre o 2006 e 2013. (Só empadroados/as en Oleiros) 

Coa posta en marcha do Campo de Golf de Xaz, o  Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer  a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio.  Para elo, e gracias a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, crease a Escola Municipal de Golf.

Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar aos nosos escolares no deporte do golf ao tempo que se inculcan  valores propios da disciplina en particular e do deporte en xeral.

Os contidos básicos a impartir tratarán en primeiro lugar as regras as básicas do golf, tanto as propias do xogo como as denominadas de “etiqueta” (comportamento e conductas a ter en conta).  En segundo lugar  contidos técnicos  relacionados co denominado xogo corto e xogo longo (Approach, Putt, Drive, Ferros, Golpes a green). E en terceiro lugar aspectos como a visualización do golpe, entendido como o proceso de imaxinar o voo da bola antes de golpear, e a propiocepción e o control postural, fundamental para conseguir movementos coordinados no golpeo.

Como todo proceso de iniciación deportiva a metodoloxía caracterizarase pola utilización do xogo como unha ferramenta esencial do proceso de aprendizaxe, que deberá ser adaptado ás diferentes idades ás que irá dirixida a escola.  

O programa de actividade terá lugar no Campo de Golf de Xaz dende outubro de 2023 ata xuño de 2024,  coincidindo sempre as súas sesión co calendario escolar. O coste da actividade será de 17€/mes para dúas sesións e de 8€/mes para  un sesión semanal

A estrutura do curso organízase en 8 quendas de 45 minutos/sesión de duración cada unha. Pódese escoller entre un ou dous días

Horarios dispoñibles:

  1. Luns 16:30 a 17:15 horas (prazas libres)
  2. Luns 17:15 a 18:00 horas (prazas libres)
  3. Martes de 16:30 a 17:15 horas (prazas libres)
  4. Martes de 17:15 a 18:00 horas (prazas libres)
  5. Mércores 16:30 a 17:15 horas (prazas libres)
  6. Mércores 17:15 a 18:00 horas (prazas libres)
  7. Xoves de 16:30 a 17:15 horas (prazas libres)
  8. Xoves de 17:15 a 18:00 horas (prazas libres)

O Concello de Oleiros aportará o material necesario para a actividade.

Proceso de nova inscrición de prazas vacantes e sistema de pagamento:

O prazo de nova inscrición de prazas vacantes comezará o 3 de xullo a partir das 10:00h. por orde de rexistro na SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Oleiros, no trámite específico de Surf.

O sistema de pagamento será por medio de domiciliación bancaria. O documento para realizar este trámite enviarase a persoa interesada ao correo electrónico facilitado na inscrición unha vez se confirme a admisión no curso.

Para darse de baixa no programa, deberase presentar a solicitude da mesma por  rexistro antes do día 20 do mes anterior ao que desexa causar baixa.