Programa de asistencia

Programa de asistencia

Atrás Oleiros en Forma. Programa Municipal de exercicio físico para a saúde.

OLEIROS EN FORMA é un progama que pretende axudar a todos aqueles veciños e veciñas de Oleiros maiores de 18 anos, que teñan interese en realizar actividade física como medio para mellorar a súa saúde

Dirixido especialmente á xente que padece dores de costas ou lumbares, enfermidades reumáticas, dores cervicais, que ten exceso de peso, algunha lesión deportiva ou simplemente que é sedentaria e quere comenzar a realizar exercicio físico

Subdividimos o noso programa en cinco opcións en función das túas necesidades: posta en marcha, maiores de 65 anos, dor de costas, prevención de riscos cardiovasculares (hipertensión, sobrepeso e obesidade) e deportivo-recreativo.

Como contactar connosco: Pódese pedir cita previa no correo deportes@oleiros.org . A primeira consulta é gratuita, sen nengún compromiso, e nela explicarase individualmente as características do programa e as posibilidades que pode ter a persoa interesada.