NOVAS

Atrás Volven as actividades do Apego

 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello programou para este outono varias propostas para as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos. Comezamos cunha ruta con obradoiro de artesanía, para seguir co concerto de Pakolas, contacontos e unha visita ao Museo Os Oleiros, unha chea de propostas nas que hai que inscribirse previamente e na que teñen preferencia as familias inscritas no Apego os dous primeiros días de inscrición.
O vindeiro luns 10 de outubro abre o prazo para inscribirse na Ruta A Marola, que terá lugar o 16 de outubro ás 11.00 horas desde o porto de Dexo. Ademais de pasear pola nosa costa para dar a coñecer o Monumento Natural ás crianzas, as familias elaborarán un chamador de vento con produtos da natureza. Está recomendada para maiores de 18 meses, mais poden asistir bebés en mochila, pois non está accesible para carriños e cadeiras de bebés.
A inscrición comeza ás 10.00 horas a través do seguinte enlace: https://forms.gle/rabAMLPdHid1BjQc8.