Novas

NOVAS

Atrás Volve a programación do Apego con Cantaxoga de Migallas Teatro

Migallas Teatro chega a Oleiros co espectáculo Cantaxoga o vindeiro sábado 17 de febreiro, ás 18.00 h,  na Fábrica.

Cantaxoga é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos Canta connosco! e Pan de millo acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica…

Un dos sktechs é o relativo ao O rap da lingua, onde se anima dun xeito humorístico as nais e os pais e as persoas adultas en xeral a falarlle en galego á cativada.

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse a través do formulario habilitado desde o 12 de febreiro ás 10.00 h. Terán preferencia as familias do Apego os dous primeiros días de inscrición.

Formulario de inscrición