Novas

NOVAS

Atrás O Premio Literario Descubrindo Oleiros chega á súa X edición

O prazo para presentarse a este concurso literario será dun mes contado desde a publicación da convocatoria e as bases no BOP.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca a décima edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros, un concurso que procura a promoción da lingua e dar a coñecer espazos do noso municipio.

Poderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, mozas e mozos de 16 e 17 anos e persoas maiores de 18 anos empadroados/as ou escolarizados/as en Oleiros e sempre que os relatos presentados se axusten ao especificado nas bases.

Os relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios. Presentaranse co título orixinal e un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.

O prazo de presentación será ata o 13 de febreiro, no caso do alumnado a través dos centros de ensino ou no Rexistro da Fábrica, e no caso das persoas adultas, só a través do rexistro indicado.

As persoas interesadas poderán consultar as bases e o formulario de participación a través do seguinte enlace:

Bases do X Premio Literario Descubrindo Oleiros

Formulario de inscrición