Noticias

Atrás Hilarante Mendoza

Premio Princesa de Asturias das Letras 2025

Hilarante Mendoza: Premio Princesa de Asturias das Letras 2025

Novelista, dramaturgo, tradutor e lingüista, Eduardo Mendoza naceu en Barcelona un 11 de xaneiro de 1943. Medrou no seo dunha familia burguesa catalana pero de lingua castelá. Estudou nun colexio relixioso e despois a carreira de Dereito na Universidade de Barcelona, onde compartíu aulas con quen sería logo o seu descubridor e editor, o poeta Pere Gimferrer. Exerceu a avogacía durante varios anos, profesión que non o satisfixo. Deu un xiro radical á súa vida e se adicou á tradución e interpretación nas Nacións Unidas a comezos dos anos setenta do pasado século. Foille ben neste labor profesional (exerceu de intérprete no famoso salón oval da Casa Branca), pero o seu éxito como escritor permitíulle profesionalizar a súa escritura e adicarse por enteiro á literatura, volvendo a España en 1982. 

Fonte: fpa e jotdown

2 dos seus títulos foron recomendados en Radioleiros:

"La verdad sobre el caso Savolta" e "La ciudad de los prodigios" de Claudio Stassi (baseado na novela de Eduardo Mendoza).

"La aventura del tocador de señoras" e "La verdad sobre el caso Savolta" foron obxecto de análise nas tertulias literarias.

Visita a expo de Eduardo Mendoza que temos para ti no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Títulos dispoñibles en eBiblio

Parabéns, Eduardo!!!