Desde os anos 10 aos 50 do pasado século. August Sander: Fotografías de "Gente del siglo XX", é unha exposición que se pode ver, neste momento de xeito virtual, no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Esta colección de fotos constitúen un atlas da sociedade alemana desde a república de Weimar ata o ocaso do nazismo.
Esta expo reúne case 190 fotos (600 imaxes constituén o proxecto orixinal) agrupadas en sete seccións ou "carpetas" atendendo ás tipoloxías produtivas ideadas por Sander, fotógrafo clave para entender a arte que imprime con luz no século XX. Creou o «estilo Sander», unha mestura de penetración e imparcialidade, de distanciamento e captura do detalle que se pode ver nos seus magníficos retratos.
Os grandes teóricos da imaxe do século XX adicaron estudos a este colosal fotógrafo: Siegfried Kracauer, Susan Sontag, John Berger, do que podes ler "Y nuestros rostros, mi vida, breves como fotos" en GaliciaLe. Fotos emblemáticas, como a do notario, foi glosada por Roland Barthes no seu ensaio "La cámara lúcida: nota sobre la fotografía".
Recomendámosvos a lectura da novela "A noite branca" de F. X. Fernández Naval, na que un feixe de fotografías e de cartas inician o proceso de recuperación da memoria e reconstrucción vital do protagonista. Dispoñible en GaliciaLe.
Vente connosco ao Círculo de Bellas Artes!
Vente connosco ao Círculo de Bellas Artes!