Radio Oleiros

Atrás Recomendacións en Radioleiros: 17 marzo 2023

Recomendacións en Radioleiros: 17 marzo 2023- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos):

"¡No quiero el cabello rizado!" de Laura Ellen  Anderson"¡No quiero el cabello rizado!" de Laura Ellen Anderson. Editado por Picarona.
Un conto narrado en primeira persoa por unha nena que odia por riba de todo o seu cabelo crecho e roxo. Faremos con ela o camiño desde a resignación a presumir de peiteados marabillosos, porque cando permitimos que as nenas e nenos se expresen fomentamos a aceptación dun mesmo e das-dos demáis, poñendo en valor a diversidade.
- Mozos-as e adultas-os:
"Non penses nun elefante rosa" de Antía Yáñez
"Non penses nun elefante rosa" de Antía Yáñez. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Narra a vida de Aurora, unha moza independente onde as haxa, á que imos coñecendo dunha forma máis profunda e comprobando que a súa vida, aparentemente perfecta, non o é tanto. Entre outras moitas cousas porque a súa parella acaba de deixala e Aurora non é capaz de asumilo, de xeito que a súa saúde mental estase a resentir. A transformación virá da man de Brais, un raparigo de 10 anos que dará ese punto de frescor á narración.
 
 Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.