Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Con esta actividade preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores/as galegos/as a través da realización dun taller co cal os nenos/as e adolescentes poidan coñecer os diferentes tipos de ilustracións que existen nos libros, banda deseñada e cómic.

Cada ilustrador ou ilustradora organiza a actividade de forma diferente.

Os obxectivos destes obradoiros son:

  • Aprender diferentes técnicas de ilustración, cómic e banda deseñada.
  • Animar aos nenos e nenas a expresar os seus sentimentos e gustos por medio de ilustracións, cómic e banda deseñada.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación a través de actividades plásticas e manuais.
  • Promocionar a lectura de cómic e obras de banda deseñada.
  • Fomentar que observen as ilustracións que aparecen nos libros.

Obradoiros

Imaxe Dedicatorias lindas Dedicatorias lindas

Dedicatorias lindas

Grazas, Óscar!

    Imaxe Abril, mes dos libros 2018, en Bibloleiros Abril, mes dos libros 2018, en Bibloleiros

    Abril, mes dos libros 2018, en Bibloleiros

    Coñece as actividades para celebrar o mes dos libros

      Imaxe Festa do día do libro en Bibloleiros: ¿Abril, libros mil¿ Festa do día do libro en Bibloleiros: ¿Abril, libros mil¿

      Festa do día do libro en Bibloleiros: ¿Abril, libros mil¿

      Contacontos, exposicións bibliográficas, espectáculos teatrais e moito máis para celebrar o día do libro

        Imaxe 13 de maio: Obradoiros de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz 13 de maio: Obradoiros de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz

        13 de maio: Obradoiros de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz

        Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Actividade dirixida ao alumnado de 5º de Primaria do CEIP Parga Pondal.

          Imaxe 23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca 23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

          23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

          Para o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Luis Seoane e do CEIP Parga Pondal respectivamente.

            Imaxe 18, 19 e 20 de marzo: Obradoiros de ilustración con Óscar Villán en Santa Cruz 18, 19 e 20 de marzo: Obradoiros de ilustración con Óscar Villán en Santa Cruz

            18, 19 e 20 de marzo: Obradoiros de ilustración con Óscar Villán en Santa Cruz

            Actividade dirixida ao alumnado 2º A e B de Educación Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

              Imaxe 22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda 22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda

              22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda

              Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda para alumnado do CEIP Valle Inclán de Perillo